Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Bereberes: Los señores del desierto

Bereberes: Los señores del desierto

CAIXANOVA
12,00 €

Catálogo da exposición de xoiería bérber celebrada no Centro Cultural Caixanova de Vigo entre novembro de 2007 e xaneiro de 2008.

O norte de África está habitado durante máis de tres mil anos por falantes da lingua amazigh e dos seus numerosos dialectos. Aínda que estas persoas se denominan a si mesmas amazigh ("home libre"), o termo que acabou por popularizarse, bérber, provén do árabe. As alfaias desta cultura constitúen símbolos de identidade tribal e posúen importantes connotacións económicas e de status social, xa que nas súas unións matrimoniais, monógamas, as mozas reciben parte do dote en xoias. Os máis antigos destes prezados obxectos raramente superan os douscentos anos de antigüidade, pois o desgaste de certos compoñentes acaba por deixalos inservibles, o que obriga a fundir as pezas para crear outras novas. Amosan unha gran riqueza ornamental e diversidade de técnicas, xunto cunha certa rusticidade primitiva e fascinante.

Textos: Ramón Sanz Garvín.

Edita: 
Caixanova
Características físicas: 

96 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 27,5 x 21,5 cm

Idioma publicación: 
Castellano, Galego
ISBN: