Catálogo da exposición que tivo lugar entre xuño e xullo de 2005 no Museo Provincial de Lugo.
Os principais conxuntos que se exhiben actualmente nos museos nacionais proceden das coleccións reais. Isto explica a enorme riqueza das coleccións de artes decorativas dos séculos XV a XVII. A colección de arte oriental do Museo Nacional de Artes Decorativas é a máis importante do Estado, tanto polo número como pola calidade das súas pezas, e conta con magníficos exemplos de artes decorativas da China e do Xapón, principalmente, e tamén da India, Indonesia, Birmania, Tailandia, Filipinas, Nepal, Xava, etc.
Textos: Museo Nacional de Artes Decorativas.
Edita:
Caixanova, Ministerio de Culutra, Museo Nacional de Artes Decorativas
Características físicas:
104 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 31,5 x 23,5 cm
Idioma publicación:
Castellano
ISBN: